
Este asunto debería chamar á reflexión a moita xente que ten contas de correo susceptibles de intromisións semellantes, aínda que iso tamén se aplica á xente que filtra a información atopada á Rede, posto que o autor do secuestro do e-mail de Palin accedeu ao mesmo a través dun proxy (Ctunnel.com), pero os datos de acceso ao mesmo aparecían nas capturas de pantalla que publicou na web, de xeito que se atoparon pistas suficientes como para dar indicios que permitan localizar ao autor desta intromisión á intimidade da republicana.

As autoridades xa contactaron con Gabriel Ramuglia, administrador de Ctunnel.com, para que conserve os ficheiros de rexistro do seu servidor para axudar á investigación dos feitos e ata onte se rumoreaba que estaban a investigar a un mozo de 20 anos, estudante da Universidade de Tennessee-Knoxville, que resultou ser fillo de Mike Kernell, político do Partido Demócrata. Finalmente David Carl Kernell recoñeceu ser o autor do crackeo, polo que o misterio parece resolto, e queda saber as medidas que emprenderán contra o rapaz, que podería ter cometido un delito de bastante gravidade, non só por violar un enderezo de correo electrónico, senón tamén por publicar a información persoal que atopou no mesmo.
