As operadoras de telefonía móbil normalmente personalizan os seus terminais para facer doado e rápido o acceso aos seus servizos, que en moitos casos leva aos usuarios a conectarse accidentalmente a Internet durante uns poucos segundos, o que se cobra a un alto prezo, pero Vodafone atendendo ás queixas dos seus usuarios permite agora que os clientes que o deseñen poidan solicitar no servizo de atención ao cliente que se lles active de balde unha páxina intermedia de acceso a Vodafone live! de xeito que cando preman un atallo para o portal móbil da operadora, en vez de cargar automaticamente aparecerá unha páxina na que se pregunta se realmente quere acceder ao servizo, o que evitará así cargos económicos dificilmente xustificables.
Agardemos que outras operadoras sigan os pasos de Vodafone para evitar que os consumidores teñan que facer fronte a cargos de conexión totalmente accidentais, provocados en boa medida polo deseño personalizado dos sistemas de menús que buscan precisamente instar aos clientes a utilizar os seus servizos.
Vodafone permitirá evitar as conexións accidentais ao seu portal móbil
Compartir Este Artigo
