
Entres os detalles que se poden ver está o feito de que a interface de usuario actualmente presente no Office 2007 se trasladaría a ferramentas coma o Paint ou o Wordpad, cambiaría a imaxe dalgunha icona, e se optimizarían algúns detalles, pero non hai que esquecer que se trata dunha versión moi adiantada do Windows 7, e que faltan uns 15 meses para a chegada do novo sistema operativo (lembremos que Vista tivo moitos cambios de estética nos meses do seu desenvolvemento).
Podemos agardar así que Windows 7 será unha revisión de Vista que non procurará revolucionar a súa estética, senón que apostará por mellorar o seu rendemento, así como incorporar novidades que, de non aparecer un novo sistema operativo virían a través dun Service Pack (como a incorporación do formato OOXML no Wordpad ou o Internet Explorer 8).
Windows 7 podería manter unha interface de uso moi semellante á de Vista
Compartir Este Artigo
