Enrique Castro e Antonio Pulido anunciaron nos últimos
días que a súa iniciativa de agrupación de unhas 580 bitácoras de Internet
coñecida coma Red de Blogs Socialistas
chegaba á súa fin
ante a falta de apoios da Administración e o PSOE. Remata así un
movemento nacido hai 3 anos para o que existen alternativas como a Blogosfera Progresista,
Las Ideas ou a Comunidad Red Progresista, o que non
significa que non se vaia botar en falta este referente que se coordinaba dende
Santiago de Compostela.
Desaparece a Red de Blogs Socialistas
Compartir Este Artigo
