Cargar contidos en
YouTube agora é máis doado grazas a un novo mecanismo accesible
dende a propia web do servizo de vídeo de Google que permite subir ata 10
vídeos á vez cun tope de tamaño de 1 Gb cada un, o que permite non
só a carga masiva de contidos, senón que os mesmos teñan unha calidade moi
elevada.
Este novo formulario de carga de vídeos incluso permite encher
os datos de descrición dos mesmos durante a súa subida, o que
facilita claramente a interacción durante este proceso que normalmente supón un
atranco para os usuarios máis activos (á vez que supón un mellor aproveitamento
do seu tempo).
YouTube incorpora un formulario web que permite a carga de ata 10 vídeos simultáneos
Compartir Este Artigo
