Paul Betlem acompañado por Lee Brimelow durante o congreso Flash On The BeachUnha das principais carencias da web en dispositivos móbiles é a ausencia da tecnoloxía Flash de Adobe, posto que a meirande parte dos terminais non son capaces de reproducir ese tipo de contido multimedia, de aí que os rumores de que sería posible integrar tal tecnoloxía en iPhone de Apple foron insistentes e parecían que se tiñan acadalo ao asegurar o propio Steve Jobs que non sería posible a súa adaptación ao iPhone (por falta de potencia) pero durante o congreso Flash On The Beach en Brighton o director de enxeñería de Adobe Systems, Paul Betlem, confirmou que Adobe estaba a desenvolver un reprodutor de Flash para o iPhone, dando a entender que a súa incorporación no móbil de Apple non dependería de Adobe. Antes do verán dende Adobe xa anunciaran que foran capaces de adaptar Flash a un emulador do iPhone (aínda que iso non quere dicir que funcionase no propio teléfono, posto que a potencia dun ordenador e moito maior que a do terminal telefónico), pero parece que xa avanzaron na optimización do software, aínda que iso non quere dicir que nun pequeno dispositivo poida funcionar o Flash completo (enténdese que sería a súa versión Lite a que podería funcionar no iPhone, quedando bastante lonxe das expectativas dos usuarios, pero abrindo unha porta a novas posibilidades interactivas no móbil de Apple).