Os traballadores autónomos galegos poderán pedir a partir deste xoves axudas para a adquisición de equipos informáticos que contarán con ferramentas ofimáticas de Software Libre de xeito gratuíto.
Esta subvención convocada pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellaría de Innovación e Industria vai dirixida a traballadores dados de alta no Réxime Especial da Seguridade Social, con domicilio e alta fiscal no IAE para a súa actividade en Galicia (agás comerciais retallistas, que xa contan con liñas de axuda específicas) e acadará o 45% do investimento cun máximo de 350 euros por solicitante, quen deberá achegar copia do DNI ou NIE, copia do documento de pagamento mensual á Seguridade Social do Réxime Especial de Traballadores Autónomos (do mes anterior á solicitude), e declaración do epígrafe do IAE e localidade da Comunidade Autónoma de Galicia na que se atopa dado de alta no IAE.
A axuda pódese solicitar dende o 9 de outubro de 2008, permanecendo vixente durante 2009 ata esgotarse os 659.400 euros consignados para 2008 e os 999.950 euros consignados para 2009.
As entidades colaboradoras das Axudas TIC Autónomos, nas que se poden adquirir os equipos informáticos suxeitos a subvención son as seguintes:
| Entidade colaboradora | Provincia | Páxina web |
|---|---|---|
| Advanced Systems Puntobit, S.L. | A Coruña | www.softic.es |
| Aracnosoft, S.L. | A Coruña | www.aracnosoft.com |
| AS Computer Maccenter, S.L. | A Coruña | www.asmaccenter.com |
| Asistec TI, S.L.U. | A Coruña | www.broker-informatica.es |
| AVA Soluciones Tecnológicas, S.L. | A Coruña | www.avaforum.com |
| El Muelle Servicios Hosting, S.L. | A Coruña | www.elmuelle.es |
| Iglesias Informática e Telecomunicacións, S.L. | A Coruña | www.iglesiasinformatica.com |
| IT-Projects S.L. | A Coruña | www.it-projects.es |
| Jet Machine Computers, S.L. | A Coruña | www.jmcinformatica.com |
| Mouzo Villar, José Bernardino | A Coruña | www.informouzo.com |
| PCS Galicia, S.L. | A Coruña | www.pcsgalicia.com |
| Rey Casais, Luciano 000975050K, S.L.N.E. | A Coruña | www.informaticadr.es |
| SBF, S.L. | A Coruña | www.sbf-informatica.com |
| Teleco Santiago, S.L. | A Coruña | www.grupoteleco.com |
| Augesa Servicios, S.L. | Lugo | www.augesa.es |
| Dunid, S.L. | Lugo | www.dunid.org |
| Informática Integral Galega, S.L. | Lugo | www.infotelecos.com |
| Innova Galicia Networks Solutions, S.L. | Lugo | www.ign-solutions.com |
| Line Tecnología y Comunicación, S.L. | Lugo | www.linetecnologia.com |
| SCAn Informatica, S.L. | Lugo | www.sca-informatica.com |
| Discount Informatico, S.L. | Ourense | www.disinf.com |
| Enbel Informatica, S.L. | Ourense | www.enbel.net |
| Hita Torres Tridente 2007, S.L. | Ourense | www.dynos.es |
| Redegal, S.L. | Ourense | www.redegal.com |
| Campillo Casais, Manuel | Pontevedra | www.microsvigo.net |
| Formade, S.L. | Pontevedra | www.icaformacion.com |
| Informatica Luis Pigni, S.L.U. | Pontevedra | www.beep.es |
| Informática Viguesa, S.L. | Pontevedra | www.invi.net |
| Saec Data, S.A. | Pontevedra | www.saec.es |
| Softgasa Informática, S.L. | Pontevedra | www.softgasa.es |
| Software y Comunicaciones Marka Informatica,S.L. | Pontevedra | www.softmarka.es |
| Visual Publinet, S.L. | Pontevedra | www.visualpublinet.com |
