
A publicidade nos xogos poderá empregar distintos formatos (dende texto ata vídeo) e permitirá que as empresas que fan videoxogos poidan abrir a porta a un tipo de explotación comercial doutros medios como a prensa ou a televisión. Ademais, a publicidade integrada en xogos pode colocarse de xeito que non moleste especialmente ao usuario, pois habitualmente se coloca nos mesmos contornos que no mundo real (como carteis virtuais).
Queda por ver os formatos que se fan populares nesta nova plataforma publicitaria, posto que os anuncios sobre a base do número de clics que se faga sobre os mesmos podería non ter moito sentido nos xogos, e haberá que buscar modelos imaxinativos e revolucionarios que resulten satisfactorios para consumidores e anunciantes.
Vídeo promocional de Google AdSense for Games
Google entra no mercado da publicidade integrada en videoxogos
Compartir Este Artigo
