O Consello da Xunta autorizou hoxe a sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellaría de Innovación e Industria e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio polo que o Estado concederá un préstamo de 98.980.000 euros sen xuros para o espallamento do servizo de banda larga e da cobertura da TDT en Galicia.
Esta cantidade permitiralle á Consellaría de Innovación e Industria completar a extensión da banda larga nas zonas nas que a infraestrutura non permite aínda ofertar servizos de acceso á Internet de alta velocidade axeitados aos cidadáns, zonas nas que aínda non existe unha boa dotación de redes por parte das operadoras ou contan cunhas redes anticuadas que impiden o acceso á Rede (ou fan que sexa excesivamente lento).
Dos cartos achegados se empregarán 5 millóns para mellorar a cobertura e difusión do sinal da Televisión Dixital Terrestre na nosa comunidade.
O Estado achegará 99 millóns de euros para mellorar as infraestruturas de telecomunicacións galegas
Compartir Este Artigo
