A serie televisiva de South Park foi unha das que mellor reaccionou ao éxito dos seus episodios na web lanzando un espazo dende o que se poden ver todos os seus capítulos de balde, que segundo informan dende Boing Boing podería ir máis aló e estrear en breve unha aplicación para o iPhone que se permitiría o acceso aos contidos da serie dende o móbil de Apple, así como acceder aos contidos (guías de episodios, novas…) publicados na web da serie, que xa achegou máis de 55 millóns de reproducións de vídeo dende o seu lanzamento.
A aplicación para o iPhone podería axudar a mellorar o éxito de South Park na Internet, permitindo funcionalidades que van máis aló da reprodución de vídeo, como podería ser asignar imaxes de personaxes da serie aos nosos contactos telefónicos ou personalizar o fondo de escritorio do móbil.
South Park adaptarase ao iPhone
Compartir Este Artigo
