O vindeiro martes 14 inaugúrase na Casa da Cultura de Riomaior (Pazos, 1A. San Adrián de Cobres) a exposición itinerante Galiciadixital, organizada pola Secretaría Xeral de Comunicación, en colaboración co Concello de Vilaboa. A exposición será inaugurada ás 12 horas polo director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, acompañado do alcalde de Vilaboa José Luís Poceiro Martínez, entre outras autoridades, e un grupo de alumnos do colexio de Riomaior.
Galiciadixital, converxencia entre arte e tecnoloxía, ten como obxectivo achegar o audiovisual e os multimedia á cidadanía.
Galiciadixital, en Vilaboa a partir do martes
Compartir Este Artigo
