Os usuarios que colguen nos seus blogs vídeos de YouTube poderán prescindir xa de instrucións nas que indican aos seus lectores que o interesante dun clip está a partir do segundo minuto pois dende o portal de vídeos veñen de ampliar as posibilidades dos seus parámetros, de xeito que no código HTML que se pega en páxinas web se pode indicar o segundo no que se quere que comece a reproducirse un clip e mesmo se pode activar ou desactivar a opción de auto-reprodución ou o botón que permite amosar o vídeo a pantalla completa.
O uso destas novidades é tan sinxelo como engadir aos enderezos web de YouTube dentro do seu código os sufixos &start=25 (para iniciar un vídeo no segundo 25), &fs=1 (para amosar o botón para ver o vídeo a pantalla completa) ou &autoplay=1 (para activar a reprodución automática).
Exemplo de vídeo no que se presenta o botón de pantalla completa e se inicia o clip no segundo 27
YouTube aumenta as posibilidades de incrustación dos seus vídeos en páxinas web
Compartir Este Artigo
