
Esta nova versión do navegador Flock só está dispoñible polo momento en inglés para Windows, Mac OS X e Linux, e engade integración con MySpace na súa barra lateral (que permite relacionarnos cos nosos amigos en distintas plataformas de redes sociais), soporte de RSS multimedia e modelos personalizables.
Este navegador fai moi doado compartir imaxes e vídeos a través da Internet, inclúe un editor de entradas en blogs, notifica os correos novos recibidos a través de contas de correo web, tamén conta con engadidos e a súa interface pódese personalizar.
O Flock 2.0 xa se pode descargar en inglés
Compartir Este Artigo

