Os novos portátiles de Apple incorporan a posibilidade de utilizar xestos no seu trackpad, e pensando niso están a adaptar o navegador da Fundación Mozilla, existindo xa unha versión experimental coñecida coma Firefox 3.1 pre-Beta 2 que conta coas típicas melloras de novas versións do navegador (como incrementar a compatibilidade cos estándares web) e permite utilizar os seguintes xestos: – 3 dedos á esquerda: ir á páxina anterior – 3 dedos á dereita: ir á páxina seguinte – 3 dedos cara arriba: volver ao comezo da páxina – 3 dedos cara abaixo: ir ao final da páxina – achegar 2 dedos: ampliar o tamaño da páxina – afastar 2 dedos: reducir o tamaño da páxina – 2 dedos xirando aos lados: desprazarse entre as distintas pestanas abertas
O bo funcionamento destes atallos dá a entender que se incorporarán definitivamente á vindeira versión oficial do Firefox, o que sería tamén unha mellora na súa integración en Mac OS X.
Proban o uso de xestos no Firefox
Compartir Este Artigo

