As consolas de videoxogos de nova xeración se tiveron que enfrontar dende os seus primeiros meses de vida a aparición de métodos que permitían a piratería dos seus xogos, agás para a PS3, consola que parecía invulnerable a todos os intentos de superar as súas medidas de seguridade, pero iso podería cambiar grazas a un hacker que responde ao alcume de StreetskaterFU, pois foi quen de desencriptar a versión de proba da aplicación cliente do servizo PlayStation Home, o que podería servir para a carga de programas caseiros e copias de xogos orixinais dende o disco duro da consola, aínda que iso no é máis que unha posibilidade, xa que polo momento a cousa quedou na mera localización dun fallo de seguridade que dará bastante que falar na scene que se move ao redor da PS3.
O feito de que StreetskaterFU lograse desempaquetar e desencriptar a Beta 0.86 de Home, que inclúe uns 9.000 ficheiros entre os que hai scripts, binarios java e mesmo ficheiros executables, podería servir para entender mellor os xogos da PS3 e a súa estrutura de rede.
Desprotexen a versión de proba de PlayStation Home
Compartir Este Artigo
