
O certo é que en tempos de crise a versatilidade de Microsoft permitiulle acadar un incremento interanual superior ao 20% no seu volume de negocio para clientes corporativos, o que Kevin Turner, xefe de operacións de Microsoft, xustifica no feito de que «os nosos clientes preguntan cómo poden aforrar cartos e facer máis con menos» o que pode responder a súa compañía con ofertas que incremente a produtividade e reduzan os custos de propiedade total. A isto tamén habería que engadir a aposta pola diversificación de Microsoft, que non se limita a comercializar ferramentas ofimáticas e sistemas operativos, senón que tamén subministras sistemas de bases de datos, servidores ou plataformas CRM, polo que ao abarcar cada vez máis áreas ten máis doado capear o temporal.
Pero aínda que a liña corporativa sexa a que historicamente levantaba os resultados de Microsoft, este ano puidemos ver cómo a súa división de lecer sorprendía cuns beneficios de 770 millóns de dólares, o que confirmaría que a estratexia que están a seguir coa Xbox 360 é moi atinada, e o seu prezo agresivo, o seu excelente servizo de xogo en liña e o seu cada día mellor catálogo de xogos os levou a vender 2,2 millóns de consolas no último trimestre, aínda que hai que recoñecer que se trata do resultado dun esforzo moi importante, xa que Microsoft é unha empresa novata no sector das consolas de videoxogos e tras os moitos erros da Xbox está a chegar unha Xbox 360 que se está a gañar ao público (especialmente nos EE.UU.).
Así, a división de lecer e dispositivos, superou os 1.800 millóns de dólares en facturación, que aínda que é menor que no mesmo período do ano pasado (que foi espectacular polo lanzamento do Halo 3) no tocante aos beneficios si que son mellores, conseguíndose os mellores resultados trimestrais dende o lanzamento do xa mítico Halo 2.
Microsoft mellora os seus resultados económicos a pesar da crise
Compartir Este Artigo
