A PlayStation 2 está moi lonxe da súa morte, pois a PS3 non é capaz de coller o seu relevo e o parque de consolas actual é inmenso (superior aos 130 millóns de unidades), polo que resulta de interese que Sony decidise eliminar o proceso de certificación de xogos para a súa consola en Europa, o que abre a porta á creación de xogos dende empresas de pequeno tamaño que non poden asumir os custos das licenzas para a produción de xogos de PS2.
O director de relacións cos desenvolvedores de Sony Europa, George Bain, asegura que «esto non se fixo nunca antes», pois se está a converter á PS2 nunha plataforma aberta; aínda que a revolución non se limita á vella consola, senón que a PSP e a PS3 tamén saltan cancelas ao incorporar tendas de descargas de aplicacións, de xeito que será posible a elaboración e venda de xogos sen precisar dunha distribuidora, pois se podería comercializar só mediante descarga.
Os xogos para PS2 non deberán contar con certificación de Sony
Compartir Este Artigo
