A través do blog que che parece? a operadora galega R anuncia que os seus clientes poden acceder de balde a unha análise online para detectar se no seu ordenador hai algún tipo de virus a través dunha versión especial do F-Secure Online Scanner que só funciona en navegadores Internet Explorer 5 ou superiores co ActiveX activado, ou sexa, que se limita a equipos con Windows 98 ou superior (aínda que na web non o mencionen, o servizo funciona perfectamente con Windows Vista).
Esta ferramenta anti-virus pode explorar o disco duro do noso equipo, así coma un disquete, un CD ou un DVD, permitindo incluso elixir o escaneo dun cartafol determinado, podendo borrar virus e advertindo de vermes, troianos e outro tipo de aplicacións maliciosas (que non elimina, aínda que remite a información sobre cómo facer tal).
Este tipo de solucións en liña non son a panacea, pero serven para revisar puntualmente se equipos que non contan con software anti-virus están infectados, para tomar as medidas pertinentes ou saír de dúbidas á hora de diagnosticar algún problema presente nun equipo conectado á Rede.

R ofrece de balde aos seus clientes un anti-virus vía web
Compartir Este Artigo
