Unha resolución
do último consello da Comisión do Mercado das Telecomunicacións volve ao
polémico conflito pola explotación da rede de fibra óptica de Telefónica en
España, e reitera que a
operadora deberá absterse de comercializar servizos minoristas sobre FTTH ata
que a CMT o autorice, para o que haberá que agardar a que se
verifique que Telefónica cumpre coas obrigas impostas a través de distintas
resolucións que regulan a nova rede.
Telefónica deberá agardar á autorización da CMT para ofrecer conexións FTTH
Compartir Este Artigo
