Un dos casos máis destacados da explosión dunha batería dun portátil Dell durante o transcurso dun congresoA mala acollida comercial da PS3 e os problemas ocasionados polas baterías defectuosas son os principais problemas de Sony, que están a prexudicar seriamente a imaxe dunha empresa que noutros tempos se consideraba coma sinónimo de calidade, e a cousa vai a peor porque despois de que se retirasen millóns de baterías de portátiles potencialmente explosivas a historia se repite a historia se repite e HP, Toshiba e Dell están a retirar do mercado 100.000 baterías de Sony vendidas entre 2004 e 2006 que corren perigo de incendio, detectándose xa 40 accidentes provocados polas mesmas. Os equipos afectados por esta nova incidencia serían principalmente de HP (afectando a uns 16 modelos de equipo con baterías con código de barras que comeza por A0, L0, L1 ou GC), seguida por Toshiba (que limitaría os problemas a 4 familias de portátiles Satellite e 3 Tecra), mentres que Dell, un dos fabricantes máis afectados no pasado, apenas notou esta incidencia (afecta só a algúns Inspirion ou ao Latitude 110L con batería modelo OU091).