Empresas como Microsoft e Google veñen reclamando dende hai meses á Comisión Federal das Comunicacións (FCC) dos EE.UU. a liberación dos espazos libres nas frecuencias reservadas para o sinal televisivo, que se podería aproveitar para dar servizos de banda larga sen fíos e crear así toda unha serie de novos servizos apoiados en tal infraestrutura, e finalmente a Comisión aprobou as normas que rexerán os nosos servizos de banda larga que operarán no espectro televisivo sen uso.
Un dos membros da Comisión, Jonathan Adelstein, asegura que «unha das mellores opcións para a promoción da banda larga e a competencia por todo o país, especialmente no rural, é maximizar o potencial dos servizos baseados no espectro», polo que parece que non coinciden coa visión sobre o asunto que teñen as canles de televisión, que se opoñen á medida liberizadora de frecuencias ante posibles interferencias nos sinais televisivos. Precisamente para evitar os problemas os equipos que se conecten ás novas frecuencias libres deberán contar con tecnoloxía de xeolocalización para facer uso só as bandas de frecuencia nas que non provoquen problemas, así como pasar certos controis da FCC, organismo que podería ser bastante rigoroso na certificación de dispositivos.
A FCC permitirá o uso das frecuencias de televisión libres para dar servizos de banda larga
Compartir Este Artigo
