Durante o verán de 2007 a Policía a web dedicada ao intercambio de ficheiros a través da rede BitTorrent, Todotorrente.com, pechou «por causa xudicial» acusada de causar prexuízos por valor de 535.000 euros segundo denunciaba a Federación Antipiratería pero tras 16 meses de espera o Xulgado de Instrución nº 3 de Orihuela ditou un auto de sobresemento provisorio, arquivando a causa por considerar que «non resulta debidamente xustificada a perpetración do delito» xa que as investigacións levadas a cabo «amosan que as páxinas web se limitan a facilitar o enderezo no que se pode descargar a obra, sen aloxar arquivos, nin realizar directamente a descarga», ou sexa, que as webs que promoven as descargas en redes de BitTorrent estarían a ter a mesma consideración que as que empregaban a rede eDonkey2000.
A resolución non é firme, pero xa serviu para que Todotorrente volva a estar operativa e comezando forte, con toda unha chea de películas de estrea, series de televisión, discos e incluso adiantando un par de videoxogos antes da súa chegada ás tendas.
Sobresén provisoriamente a causa contra Todotorrente.com
Compartir Este Artigo
