A Junta de
Andalucía pretende iniciar en decembro de 2009 o seu proxecto de achegar
acceso á Internet de balde para os seus cidadáns, cumprindo así
cunha promesa electoral.
O proxecto consistiría en conexións de 1 Mbps para todos os andaluces, pero ten
un orzamento de só 9 millóns de euros, polo que non parece que vaia a ser moi
realista, á vez que tamén podería ter serios problemas coa CMT como moitos
concellos que quixeron meterse a ofrecer Internet de balde aos seus veciños.
Continúa o proxecto de ofrecer Internet de balde para os andaluces
Compartir Este Artigo
