Canto máis nos aproximamos ao lanzamento de Windows 7 coma sucesor de Vista, máis se confirma que non atoparemos ante unha revisión do actual sistema operativo de Microsoft e non ante un produto renovado, que busca simplemente limpar a imaxe dun sistema que comezou con mal pé.
Así, dende PCPro fixeron varias probas de rendemento sobre a última versión de proba de Windows 7, que segundo a publicación ten unha aparencia case idéntica a Vista, e non supón ningún incremento en velocidade con respecto do sistema operativo anterior, tirando por terra certas análises de Windows 7 que falaban da súa velocidade. Comentan literalmente que «o salto en rendemento entre Vista e Windows 7 é… nada. Absolutamente nada».
Explican que o que pasa con Windows 7 é só un asunto de percepción (en boa medida por certa reorganización da interface de uso e o escritorio do sistema), e aínda que dende Microsoft se esforcen en explicar que o Vista vai moito mellor agora que no seu lanzamento (o que é innegable) todo apunta a que Vista ten que desaparecer coma marca para contentar aos usuarios, e incluso poderían chegar a lanzar Windows 7 antes de rematar 2009 (para entregalo a tempo para a campaña de Nadal).
Windows 7 só parecerá máis rápido que Vista
Compartir Este Artigo
