O agardado xogo Street Fighter IV non chegará antes de
rematar o ano ao mercado, pero finalmente xa se lle puxo data ao seu lanzamento
para Xbox 360 e PlayStation 3, de xeito que nos
EE.UU. o poderán adquirir a partir do 17 de febreiro de 2009 mentres que en
Europa deberemos agardar ao 20 de febreiro para ver o regreso pola
porta grande dunha das sagas de xogos de loita de máis éxito (e que xa forma
parte da iconografía popular).
Street Fighter IV chegará a Europa o 20 de febreiro
Compartir Este Artigo
