O servizo de busca de imaxes de Google permitirá a consulta dos preto de 10 millóns de fotografías que compoñen o arquivo fotográfico da revista LIFE, estando xa accesible sobre o 20% destes fondos, polo que podemos ver na Internet toda unha serie de imaxes captadas polas cámaras de mestres da fotografía coma Alfred Eisenstaedt, Gjon Mili e Margaret Bourke-White, retratos de personaxes históricos (dende Marie Curie ata Pablo Picaso, pasando por figuras máis actuais coma George Lucas), documentación gráfica de momentos históricos (a chegada do home á lúa, a guerra de Vietnam, etc.), imaxes que reflicten acontecementos deportivos e actividades culturais e, en definitiva, todo un catálogo de imaxes tomadas dende mediados do século XVIII.

Con esta iniciativa dá a impresión de que Google podería comezar a competir cos moitos servizos de bancos de imaxes que operan a nivel mundial (vendendo imaxes de alta resolución para uso comercial), aínda que a compañía non manifestou os seus plans de futuro a este respecto.
Google leva o arquivo fotográfico da revista LIFE á web
Compartir Este Artigo
