
Adrian Hooke, director do proxecto da NASA que persigue a creación de redes de comunicación espaciais asegurou que «este é o primeiro paso para crear unha nova capacidade de comunicación, unha Internet Interplanetaria». A grande diferenza contra as comunicacións habituais na Internet está en que as comunicacións no espazo non son constantes, e normalmente se establecen manualmente, polo que para facer posible o intercambio de información pasando por distintos puntos hai que cambiar a filosofía de conmutación de paquetes, pensando en que os nodos reteñan a información durante moito tempo, de xeito que non se desbotaría unha comunicación se no momento de recibila nun punto non existise comunicación co seu destino.
A nave coa que levan facendo probas durante o último mes é a Epoxi (antes coñecida como Deep Impact) que se lanzou nunha misión para atoparse co cometa Hartley 2 dentro de 2 anos, e á que hai que chegar a través dunha rede de 10 novos (incluíndo a propia Epoxi).
Esta nova tecnoloxía de comunicacións podería facilitar as misións espaciais en poucos anos, de xeito que tanto equipos en órbita, en curso ou en superficie poidan estar en contacto a través da Internet Interplanetaria.
Proban con éxito a tecnoloxía que dará soporte á futura Internet Interplanetaria
Compartir Este Artigo
