Pese a que os equipos informáticos de Apple teñan fama de ser moi seguros ante as ameazas da Internet, iso non os fai invulnerables ao malware e durante os últimos días apareceron unha variante do troiano RSPlug, que modifica as DNS do equipo para permitir a suplantación de páxinas web de tendas e bancos para facer phishing, e tamén a aplicación OSX_LAMZEV.A, que abre no ordenador infectado unha porta traseira.
Por fortuna, ambas ameazas de seguridade non precisan de contra-medidas para a súa defensa, e chega co propio sentido común, xa que non se instalan automaticamente, senón que o único xeito de caer ante as mesmas e se o usuario as executa directamente, polo que quen use aplicacións de fontes fiables estaría totalmente libre deste tipo de software malicioso.
Leves incidencias de malware para Mac OS X
Compartir Este Artigo
