A empresa Lleida.net, pioneira na implantación de SMS certificados en España, avanzou na mesma liña e vén de iniciar un servizo de transaccións certificadas e contratos a través de mensaxes de texto, o que facilitará o peche de contratacións e reducir o tempo de espera neste tipo de trámites.
A operación deste tipo de servizo é moi sinxela, de xeito que o usuario recibe unha mensaxe de texto dende a Internet a través de Lleida.net á que deberá responder coa palabra si, quedando constancia da transacción mediante a certificación do SMS, o que é «unha proba de autenticidade equivalente ao contrato privado» segundo a empresa responsable.
Lleida.net presenta un sistema de certificación de transaccións e contratos baseado en SMS
Compartir Este Artigo
