Marieta del Rivero, conselleira delegada de Nokia España, e Belén Amatriaín, conselleria delegada de Telefónica España, presentaron hoxe a oferta comercial do Nokia 5800 XpressMusic, que se estreará a nivel mundial en España o vindeiro 1 de decembro, cunha política comercial que lembra ao iPhone de Apple, xa que se venderá a distintos prezos con distintos contratos de voz e datos.

Telefónica ofrecerá o novo terminal por 0 euros aos usuarios que contraten unha tarifa de voz de 90 euros/mes e outra de datos de 15 euros/mes; o prezo sería de 49 euros no caso de contratar unha tarifa de voz de 40 euros/mes e a pertinente tarifa de datos; e tamén se poderá mercar por 249 euros podendo elixir neste último caso polas condicións ordinarias de contratación de Movistar (9 euros/mes polo servizo de voz e 10 ou 15 euros/mes polo de datos). Tamén será posible adquirir o móbil a través do programa de puntos.
En todos os casos o Nokia 5800 XpressMusic inclúe 3 meses de navegación GPS con Nokia Maps.
Lembremos que o novo móbil de Nokia é un dos terminais de gama media máis completos do mercado, cunha pantalla táctil de 3,2 polgadas (cunha resolución de 640 x 360 píxeles, acelerómetro e procesador de imaxes 3D), posibilidade de manexo cos dedos ou cun punteiro, lector de tarxetas microSD (inclúe unha de 8 Gb para gardar ficheiros multimedia), Bluetooth 2.0, GPS integrado, cámara de 3,2 Mpíxeles con dobre flash LED, gravación de vídeo, reprodutor de música en estéreo (incluso a través de Bluetooth), Wi-Fi e conectividade HSDPA.
Cómpre lembrar que o terminal se venderá libre por 429 euros, aínda que se rumorea que a primeiros de ano pasará a venderse a 279 euros, o que colocaría o móbil nun rango de prezos moi atractivo para os usuarios que non se queren atar a ningunha operadoras de telefonía móbil.
Movistar anuncia a oferta comercial do Nokia 5800 XpressMusic
Compartir Este Artigo
