O servizo
de telefonía móbil do operador galego do cable R acadou a cifra de
30.000 liñas entre particulares (25.000) e empresas (5.000) que decidiron
contratar este servizo, agardándose o peche do ano cunhas 36.000 liñas de telefonía
móbil, que corresponderían principalmente a usuarios que xa contan con algún
outro servizo con R, e que buscan as vantaxes da contratación conxunta.
Os clientes tamén optan por conservar o seu número de teléfono anterior, de
xeito que no último mes o 73% das liñas de móbil activadas corresponden a
portabilidades.
R chega ás 30.000 liñas de móbil en menos dun ano
Compartir Este Artigo
