Aínda que o sector do automóbil estea en crise, iso non impide que dende a Internet cheguen iniciativas para revitalizalo, coma Intermotor, unha nova web desenvolvida dende Vigo que emprega elementos da Web 2.0 co obxectivo de mellorar os fluxos de venda dos concesionarios e as empresas de compra-venda de automóbiles en Galicia.
Os promotores desta iniciativa aseguran que «o coche é, tras a vivenda, o segundo maior investimento das familias. En tempos de crise, tamén é o gasto que antes se resinte» o que xa se nota no descenso das vendas xerais nun 40% (un 12% no caso do vehículo de ocasión), de aí que aproveiten para crear o primeiro portal galego dedicado exclusivamente aos profesionais do motor, que achega información sobre o parque de vehículos en venda (actualmente máis de 500 de distintos concesionarios) e mesmo coa opción de crear micrositios para cada empresa incluída neste catálogo de automóbiles.
A galega Intermotor.es estréase coa mellor selección de coches usados na Internet
Compartir Este Artigo
