A
empresa Accesos
Web Alternativos está a finalizar o plan de cobertura de Internet a
través de WiMAX no concello de Carballo, de xeito que en
xaneiro os veciños do casco urbano da vila poderán contratar accesos á Rede de
banda larga a un prezo mensual de entre os 29 e os 99 euros ao que
habería que engadir unha cota de alta de 98 euros. Deste xeito, particulares e
empresas da zona poderán achegarse á sociedade da información a través de
comunicacións de alta velocidade.
Carballo contará con WiMAX comercial en xaneiro
Compartir Este Artigo
