Livestation, a plataforma de vídeo que permite recibir no ordenador centos de canles televisivas (entre as que están CNN, Antena 3 Noticias, Antena 3 Internacional, Telecinco ou Euronews) aproveitando tecnoloxía P2P desenvolvida por Microsoft, vai dar un importante paso adiante pois desenvolveu unha aplicación que permite a recepción de televisión en directo dende o iPhone e o iPod Touch sempre que se conte con conectividade Wi-Fi, aínda que están pendentes de que Apple aprobe a ferramenta para a súa incorporación á súa tenda de aplicacións.
Esta solución podería resultar moi interesante tanto para os usuarios do iPhone como a canles televisivas, que terían así unha boa plataforma para achegarse a dispositivos móbiles dun xeito sinxelo e económico.
Presentación da versión de Livestation para o iPhone
Livestation levará a televisión en directo ao iPhone
Compartir Este Artigo
