
Esta subida de prezos vén de ser calificada na web Xatakamóvil como “enmascarada” pois, segundo din, fanlle crer ao cliente que lle está a facer un favor “mellorando o prezo das súas chamadas en roaming fora da Unión Europea, cando o que están a facer é incrementar o establecemento das chamadas doutras zonas en máis do triple”.
A devandita web achega un detallado gráfico no que se comparan os prezos aplicables antes e despois da variación da tarifa por parte dos responsables da iniciativa, que anuncian a mesma asegurándolle ao cliente que “baixan os prezos das chamadas” (máis non din que incrementan de xeito alarmante o prezo do establecemento das mesmas). Deste xeito e segundo o apuntado por Xatakamóvil en relación aos prezos oficiais, o establecemento de chamadas tanto en zona 2 (USA, Canadá, Magreb e Europa no occidental) como en zona 3 (resto do mundo), verase incrementado de 0,57 euros a 1,16 euros e de 0,57 euros a 1,86 euros respectivamente.
Efectivamente, Movistar baixa o prezo das chamadas a España, das chamadas locais e das chamadas recibidas en Europa Occidental de 1,73 a 1,72 euros (tremenda rebaixa) mais non indica a subida das tarifas no resto das chamadas en zona 2 de 3,82 euros a 4,63 euros e de 3,82 a 4,63 euros no resto de chamadas en zona 3.
Movistar sube o establecemento das chamadas en roaming
Compartir Este Artigo

