O mércores 17 de decembro Telefónica comezará a comercializar o popular móbil iPhone 3G de Apple para os seus clientes de prepago a través dos máis de 2.500 puntos de venda que distribúen este dispositivo actualmente, buscando que se converta nun agasallo durante o Nadal, aínda que o seu prezo é un tanto elevado, xa que custa 549 euros o modelo de 8 Gb cunha tarxeta SIM cun saldo de 12 euros e un bono promocional de datos de 4 Gb (caducable en 12 meses) que tras o Nadal incluirá só 2 Gb de transferencia.
Cando os usuarios que adquiran o terminal consuman o seu bono de datos poderán decidir se continuar en tal opción de prepago ou pasar a contrato, o que sería a opción natural nun móbil que ten como principal vantaxe a súa interacción coa Internet para acceso ao correo electrónico, os mapas, a web ou incluso a información meteorolóxica.
Telefónica comercializará o iPhone 3G para os clientes de prepago
Compartir Este Artigo
