Xabier Cid, María Yáñez, Álvaro Gómez e Berto Yáñez integran A Navalla SuízaO Concello e a Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela fan esta noite entrega da 9ª edición dos Premios Manuel Beiras nos que recoñecen a labor de empresas que apostan polo galego, gañando na categoría de nova incorporación ao uso da lingua galega a firma de deseño web A Navalla Suíza, responsables de proxectos coma Quin.tv e Flocos.tv, e cun equipo de traballo «cun intenso percorrido en prol da lingua a través das novas tecnoloxías da información». Os outros galardoados son Tórculo Artes Gráficas polo seu uso continuado do galego e o Centro Comercial Área Central «polo seu compromiso decidido na proxección da lingua galega desde a súa apertura na cidade hai xa 15 anos».