De cara ás vindeiras horas o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio a través da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, achegan unhas recomendacións de cara ao uso da telefonía para felicitar a chegada do aninovo, xa que vén sendo habitual que nas últimas horas do ano e as primeiras horas do novo ano se saturen as redes de telefonía fixa e móbil, resultando crucial que os cidadáns repartan as súas chamadas ao longo do tempo.
Para minimizar os efectos do incremento do tráfico telefónico (para o que as operadoras xa establecen plans de reforzo, pero que non resultan suficientes ante a vaga de chamadas que se concentra en poucas horas) aconsellan o seguinte: – realizar as chamadas antes das 0:00 horas para evitar o momento crítico das 2 primeiras horas do ano – reducir a duración das chamadas – separar no tempo os reintentos de chamada – remitir as mensaxes de texto con certa antelación (ou fixando a súa entrega diferida) – para as chamadas internacionais, axustarse ao horario de cambio de ano do país de destino – felicitar por correo electrónico – mandar mensaxes a móbiles a través da Internet – comprobar que non respondemos a unha mensaxe multimedia con outro MMS, se o que queremos enviar coma resposta é un SMS
Industria dá recomendacións sobre o uso da telefonía esta noite
Compartir Este Artigo
