Co gallo da Macworld Expo dende Google estrean unha versión da súa aplicación de xestión de imaxes Picasa para os equipos informáticos de Apple, de xeito que dende Mac OS X xa se pode tirar proveito de Picasa 3, e Picasa for Mac achega prestacións avanzadas para compartir e sincronizar imaxes a través da Internet.
A nova aplicación funciona sobre Mac OS X 10.4 ou superior e precisa dun equipo con procesador Intel. Hai que destacar que aínda está en fase de probas e carece dalgunhas das prestacións da versión para Windows, como xeolocalización, captura de imaxes a través de cámara web, captura de pantalla, exportar coma páxina HTML, función de protector de pantalla, encargar fotografías impresas ou o Picasa Photo Viewer.
Presentación da versión para Mac de Picasa
Picasa estrea versión para Mac
Compartir Este Artigo

