
Dende o pasado sábado se comezou a poder descargar a beta sen moitos problemas, e curiosamente se trataba da mesma versión de Windows 7 que levaba varias semanas a circular pola rede BitTorrent, que se pode instalar coma actualización de Windows Vista SP1 ou coma instalación limpa, aínda que dende Microsoft insisten en que non se instale no noso equipo principal, pois se trata dun produto sen rematar, cheo de fallos, que non debería empregarse coma equipo habitual, senón só para probas técnicas do mesmo (o que resulta de especial interese para programadores e desenvolvedores de hardware, que poden así probar a compatibilidade dos seus produtos co futuro sistema operativo).
Tamén cómpre destacar que a versión de proba está só dispoñible en inglés, alemán, xaponés, árabe e hindi; e os seus requisitos mínimos de funcionamento son bastante semellantes aos de Vista, precisando dun equipo cun procesador a 1 GHz, 1 Gb de RAM, 16 Gb de espazo de disco libre, tarxeta gráfica compatible con DirectX 9 (con 128 Mb de memoria para empregar a interface Aero) e unidade de DVD.
Sobra dicir que é posible instalar a versión de proba de Windows 7 nunha partición de disco distinta á do noso sistema operativo habitual (coma Vista ou XP) de xeito que teriamos así arranque dual para poder probar o novo sistema operativo sen facer perigar a nosa instalación de Windows actual (e satisfacendo a nosa curiosidade).
Na actualidade a descarga da beta de Windows 7 funciona axeitadamente, pero a sensación que deixou este lanzamento é de «verdadeiro desastre», o que debería levar a Microsoft a utilizar outras tácticas á hora de estrear produtos na Internet, para non decepcionar aos usuarios.
Xa se pode descargar con normalidade a versión de proba de Windows 7
Compartir Este Artigo
