O presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, non se prodiga especialmente na Internet, de xeito que as súas aparicións na Rede se limitaban a vídeos nos que aparecía coma candidato á presidencia do Goberno ou coma secretario xeral do PSOE, pero hoxe sorprende á cidadanía nun vídeo no que fala finalmente coma presidente do Goberno de xeito oficial, para explicar as medidas do Goberno contra a crise económica no que dan en chamar Plan E, que é un pequeno paso cara á aproximación á cidadanía, aínda que sen tirar proveito das posibilidades que ofrece a Internet (pois esta mensaxe do presidente xa chegará aos cidadáns a través da televisión).
O Plan E tamén conta con canle en YouTube
Zapatero presenta na web o plan do Goberno contra a crise
Compartir Este Artigo
