A anterior directiva de empresas tecnolóxicas coma Autodesk, Sun Microsystems ou Cisco Systems, Carol Bartz, substituirá finalmente a Jerry Yang na dirección executiva de Yahoo!, o que supón un grande cambio para a compañía, que muda un perfil profesional dun mozo emprendedor polo dunha veterana considerada entre as 50 mulleres máis importantes do mundo empresarial por Fortune e The Wall Street Journal.
Bartz terá que afrontar o reto de facer que Yahoo! gañe audiencia e cota de mercado, atope a mellor estratexia en liña posible nun mercado dominado claramente por Google, elixir que partes das compañía conservar e decidir se a empresa debe consolidarse como unha compañía de base tecnolóxica ou coma un medio de comunicación.
Carol Bartz substitúe a Jerry Yang en Yahoo!
Compartir Este Artigo
