En distintas páxinas web están a advertir que a compra de música en iTunes sen protección DRM non quere dicir que poidamos abusar destes ficheiros musicais, xa que incrustan no seu interior información sobre a conta do usuario que mercou os temas (coma o seu enderezo de correo electrónico), polo que se os compartise a través de redes P2P poderíanse emprender accións legais contra el.
Cómpre lembrar que un documento AAC sen DRM (iTunes Plus) non é un ficheiro MP3, polo que tamén ten unha compatibilidade bastante reducida (aínda que funciona en populares reprodutores coma os iPod, os Creative Zen, os Archos 605 WiFi, os móbiles Nokia XpressMusic ou incluso consolas como a PSP, a PS3 ou a Wii) pero é posible convertelos a formato MP3 (aínda que se perde algo de calidade no proceso).
Na actualidade o 80% dos contidos de iTunes xa están libres de DRM, e mesmo supera ao 90% dos temas máis descargados, polo que parece claro que as proteccións DRM están destinadas a desaparecer, o que non indica que non se tomen certas medidas coma o deixar pegadas agochadas nos ficheiros adquiridos.
Os ficheiros sen DRM de iTunes gardan información persoal no seu interior
Compartir Este Artigo
