A revista Wired publicou na súa web un vídeo no que se explicaba cómo instalar o sistema operativo Mac OS X nun ultraportátil MSI Wind, o que non agradou a Apple, compañía que vén de solicitar á publicación a retirada do vídeo, e aínda que explican claramente que seguir as instrucións detalladas se pode infrinxir a licenza de uso de Mac OS X preferiron ser prudentes e eliminar da súa web o vídeo polémico.
O asunto non acadaría moita repercusión se non se publicase por mor dun malentendido que Apple denunciara a Wired polo titorial en vídeo, o que levou a moitas webs a detallar a loita de Apple contra a popularización de Mac OS X en equipos ultraportátiles, dos que a compañía de Cupertino non conta cunha liña de seu, pese a que ata o momento estaban a ser bastante tolerantes coa comunidade Hackintosh que aproveita a semellanza dos PC actuais cos equipos de Apple para instalar un sistema operativo pechado en ordenadores para os que non estaba destinado.
Wired retira un vídeo no que se explicaba cómo instalar Mac OS X nun ultraportátil
Compartir Este Artigo
