Ericsson, Qualcomm e Vodafone conseguiron realizar transmisións de datos móbiles a velocidades de ata 16 Mbps nunhas probas realizadas en España coa tecnoloxía HSPA+ (Evolved HSPA) e técnicas de modulación 64QAM, e durante o primeiro semestre do ano continuarán a realizar probas ata chegar aos 21 Mbps coa funcionalidade HSPA+ MIMO.
Os expertos de Vodafone estiman que esta tecnoloxía poderá achegar unha experiencia de baixa de vídeo de máis de 13 Mbps en condicións óptimas e unha media de máis de 4 Mbps en condicións típicas en calquera contorno (incluído o urbano), á vez que se obtén unha maior eficiencia enerxética e menores tempos de inactividade, conseguindo conexións alway-on.
Estas tecnoloxías permitirán que no futuro os clientes de Vodafone gozasen dunha mellor experiencia de banda larga móbil.
Vodafone proba en España as comunicacións mediante HSPA+
Compartir Este Artigo
