
Os vídeos en MP4 xa se poden descargar de YouTube dende hai bastante tempo (pois esas versións son as que reproducen certos televisores e dispositivos multimedia, estreándose grazas ao iPhone de Apple) aínda que para facelo hai que utilizar certo truco, polo que dá a impresión de que YouTube estaría a estudar a posibilidade de abrir esta posibilidade a todo o seu público (lembremos que as características de ver os vídeos en formato panorámico ou en alta definición tamén se probaron nos últimos meses con categorías de vídeo en concreto, para implantarse de xeito xeral).
Algúns vídeos de YouTube amosan a opción de descarga en formato MP4
Compartir Este Artigo
