A comezos de mes inaugurouse o centro da Rede de Dinamización da Sociedade da Información de Vilagarcía de Arousa e agora anuncian que van impartir o seu primeiro obradoiro, dirixido á poboación en xeral, que constará de 4 sesións de 2 horas cada unha e impartirase dende o 26 ata o 29 de xaneiro entre as 18:30 e 20:30 horas para un máximo de 11 participantes.
A inscrición ao obradoiro ábrese o 19 de xaneiro no propio centro da Rede de Dinamización no seu horario de 10:30-14:00 horas e 16:00-20:30 horas de luns a xoves ou os venres de 9:30 a 15:00 horas.
Primeiro obradoiro do Centro de Dinamización de Vilagarcía de Arousa
Compartir Este Artigo
