
A nova aplicación permite ver vídeo tanto en formato horizontal coma en vertical, aínda que os contidos non son panorámicos (polo que non se chega a aproveitar completamente a pantalla). Tamén se poden ver contidos pre-gravados, aínda que o seu principal atractivo está na recepción de vídeo en directo, o que aínda non é habitual no móbil de Apple (pese a que moitos outros terminais leven anos soportando vídeo en directo, e contando cunha ampla oferta de canles de televisión a través de 3G).
Ustream permite recibir vídeo en directo dende o iPhone
Compartir Este Artigo
