En outubro comentamos que o satélite fotográfico GeoEye-1 comezara a operar, tomando fotografías a 680 quilómetros de altura mentres se despraza a 7,2 quilómetros por segundo, achegando unhas imaxes cunha resolución máxima de 43 centímetros, o que será moi útil para captar as imaxes que logo completarán os servizos de mapas de Google, empresa que patrocina o satélite xunto coa Axencia Xeoespacial Nacional (NGA), pero onte demostrou a súa potencia ao captar dende o espazo a toma de posesión de Barack H. Obama, permitindo apreciar a cantidade de xente que congregada no contorno do edificio do Capitolio ou do Monumento a Washington.
Estas imaxes de alta resolución están publicadas na web deste satélite comercial, para dar a coñecer a capacidade desta tecnoloxía que para 2012 pretende chegar a unha resolución de 25 centímetros (aínda que Google só poderá empregar nos seus servizos imaxes cunha resolución de 50 centímetros por motivos de seguridade).

A toma de posesión de Obama veuse dende o espazo
Compartir Este Artigo
