A Rede de Dinamización oferta un Plan de Telefomación para a Cidadanía no que se inclúe un catálogo de obradoiros TIC en liña que contan con materiais didácticos e o asesoramento dun equipo de titores e titoras, e poderán realizarse polos usuarios cando, como e onde queiran.
A temática dos obradoiros é variada, cunha duración de entre 4 e 7 horas, e que teñen aberta a súa inscrición, comezando a primeira edición deste plan o vindeiro día 26.
Os obradoiros ofertados son os seguintes: – A Internet para persoas maiores – Aspectos legais nas Novas Tecnoloxía – Navegación segura na Internet – Opera co teu banco ou caixa a través da Internet – Recursos na Internet para inmigrantes – Sácalle rendemento á cámara dixital – Comunicacións desde o teu computador: correo electrónico, fax e teléfono – Busca de emprego a través da Internet – Axiliza os teus trámites coa Administración Pública a través da súa oficina virtual – Retoque fotográfico con GIMP – Realización de Mailing co Writer – Procesador de Textos: Writer – Folla de cálculo: Calc – Xeración de presentacións co Impress – Contas co Calc – Iniciación á Informática: Ubuntu – Iniciación á Internet: Firefox – Correo Electrónico: Thunderbird
Cursos de teleformación na Rede de Dinamización da Sociedade da Información
Compartir Este Artigo
